NOVO HORARIO DE PRIMAVERA
Comunicamos a tódolos posibles usuarios que desexen visitar, por libre ou pola súa conta o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, que o novo horario primaveral será o seguinte:
SÁBADOS: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.
DOMINGOS: de 11:00 a 14:00 h.
LUNS a VENRES: Só acceso grupos con cita previa.
Para calquera dúbida ou para solicitar cita previa, por favor, póñase en contacto connosco nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46.
¡Agardámolos!
A colección de Ricardo Pérez y Verdes
Visitas guiadas
Aprende xogando
O Museo Etnolúdico de Galicia
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.
O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.
Entradas grupos
As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora
¿Queres vir a xogar con nós?
¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!
Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…
Novidades
Intervención cirúrxica do director do MELGA
Este luns día 24 do presente mes de febreiro, con dez meses de espera, por ...
O Fogar Parroquial de Santa María e Santiago de A Coruña completa unha asistencia de máis dunha centena de persoas que visitaron o MELGA esta fin de semana
Estamos verdadeiramente agradecidos por todas as persoas que, esta fin de ...
Excursión dominical da ANPA O Areal | EEI Fernández Varela para visitar o MELGA
Esta mañá de domingo de febreiro recibimos, por primeira vez un grupo ...
A Asociación Lugo Patrimonio visita por primeira vez o MELGA
Hoxe tivemos de satisfacción de recibir, por primeira vez, no Museo ...
Balance do ano 2024 da Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA)
Acabamos de finalizar o ano 2024, e o noso desexo é realizar un balance anual ...
Convidan ao MELGA a unhas xornadas de economía circular de turísmo
O martes pasado día 28 de xaneiro-25, celebrouse unha xornada vespertina ...