NOVO HORARIO DE PRIMAVERA
Comunicamos a tódolos posibles usuarios que desexen visitar, por libre ou pola súa conta o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, que o novo horario primaveral será o seguinte:
SÁBADOS: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.
DOMINGOS: de 11:00 a 14:00 h.
LUNS a VENRES: Só acceso grupos con cita previa.
Para calquera dúbida ou para solicitar cita previa, por favor, póñase en contacto connosco nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46.
¡Agardámolos!
A colección de Ricardo Pérez y Verdes
Visitas guiadas
Aprende xogando
O Museo Etnolúdico de Galicia
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.
O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.
Entradas grupos
As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora
¿Queres vir a xogar con nós?
¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!
Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…
Novidades
(Español) Recala de novo ao MELGA un grupo numeroso de nenos e nenas de Carballo
Más de sesenta alumnos/as, entre los 8 a 9 años de edad, de 3º de primaria ...
Participación do MELGA nas xornadas sobre museos en Galicia
Onte xoves día 14 do mes de novembro do presenta ano 2024, os representantes ...
Os avós coruñeses tamén se divirten coas buxainas
Todos os anos, un día como o de hoxe 11 de novembro, celébrase en toda ...
O Forum Metropolitano e o Ágora coruñeses visitan de novo o MELGA despois de seis anos de ausencia
Recibimos, en xornada matinal, no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado ...
O MELGA na celebración do San Martiño no programa Luar
Coa celebración do día de “San Martiño, peóns ao camiño”, por expresa ...
Outra peza máis para a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o MELGA
Aproveitando esta longa fin de semana, o noso presidente do Padroado da ...