18.000 quilómetros para visitar o Melga de Ponteceso

Se este ano 2022 foi un ano pródigo en moitas visitas sorpresas de persoas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, sen dúbida a que tivo o noso director Ricardo Pérez e Verdes este pasado venres 26 de agosto-22, segundo as súas palabras esta foi de posible  “infarto”, xa que nin máis nin menos, que recibiu a inesperada visita do seu fillo pequeno Borja Pérez e a súa compañeira Olga Escario.

Despois de catro anos de ausencia do noso país e de Galicia, a parella nestes momentos atópanse traballando na cidade de Sidney (Australia) desenvolvendo os seus traballos profesionais no mundo do Turismo e o Xornalismo respectivamente, pero…por fin! despois de pasar case tamén dous anos de pandemia enclaustrados sen poder saír do país australiano, hoxe as súas aspiracións foron cumpridas, merecidas e ansiadas, para un longo descanso, pero tamén para percorrer aqueles recunchos da nosa terra galega, que facía tanto anos que non os pisaban e estrañaban.

“Realmente a visita ao MELGA quizais fose o de menos, xa que aínda que foron dúas horas aproximadamente da mesma, o importante era que se atopaban entre nós (parecíame mentira e un espellismo, ademáis, sen avisar!) e os sentimentos afloraban máis, que a importancia dos posibles coñecementos que se puidesen transmitir”

, así se expresaba Ricardo Pérez.

Para Borja, leste era a súa segunda visita ao MELGA, pois desde a súa inauguración, facía case nove anos, que non nos puido visitarnos polos seus compromisos laborais. Para Olga era a súa primeira vez en coñecer o noso recinto museístico. Para ambos o asombro e impresión, foi máximo, porque o museo experimentara un cambio extraordinario en abundancia de numerosas pezas adquiridas durante estes últimos anos, así pola súa distribución e exposición; pois, sen dúbida, non era o mesmo ver as salas en imaxes que se lle enviaron, que persoalmente. Sen dúbida, atopábanse “pasmados” e admirados polo cambio e labor que se desenvolveu neste pequeno e modesto museo.

Despois de xantar nun restaurante da zona (praia de Balarés) e de realizar un percorrido curto polos contornos da vila pontecesá, todos os compoñentes da familia partiron en dirección á cidade da Coruña. Un día para sempre memorable e recordable, pero sen dubidalo, de gran emoción e inmensa alegría. Finalmente, comentaba Ricardo :

“Se saín deste impresionante shock recibido, creo que estou preparado para todos os avatares que se me presenten nesta vida”.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.