O martes día 8 do presente mes de marzo, en sesión vespertina, medio centenar de alumnos/as do Colexio A nosa Señora do Carmen de Finisterre (A Coruña), en idades comprendidas entre os 3 e 5 anos e as súas profesoras visitaron o MELGA.
Despois de realizar o xantar nas instalacións do museo, a visita de dúas horas aproximadamente, foi case na súa totalidade práxica a través de xogos galegos e doutras comunidades autónomas españolas, con xogos musicais, adiviñas, cantares, xogos coordinativos, de carreiras, saltos, equilibrios, de precisión, etc. E ao final confeccionáronse algúns xoguetes tradicionais en plastilina, recortables ou materiais da natureza, sempre dirixidos polo director do museo e coa axuda inestimable das súas profesoras Rosa, Gelines e Elisa.
Leave A Comment