Hoxe xoves 28 de abril, por primeira vez o CPI (Centro Público Integrado) de Zas (A Coruña) visitáronnos, nas horas da mañá de 11,30 h a 14.30 h., unha vintena de alumnos/as e acompañados polos seus profesores Esteban e Inés.
Durante as tres horas de visita, nesta ocasión, sendo un pequeno grupo, todos os alumnos/as incluíndo os dous profesores, foron capaces de realizar todas as prácticas programadas de xogos e deportes de interior, da nosa comunidade galega e do mundo, nas dúas salas de exposicións do Melga.
Nesta ocasión, temos que salientar a noticia de que se estableceu un novo récord, alcanzado polo profesor Esteban Lenia, con 375 puntos no xogo do Billar Xaponés. A marca anterior, mantida durante case dous anos, estaba en 340 puntos.
Despois de visitar o museo, todo o grupo de ensino, trasladouse a Monte Branco e a praia de Balarés e finalmente “paparon” un bon xantar no porto de Corme, onde percorreron a súas típicas rúas mariñeiras e de novo, a media tarde, volveron para o seu destino.
Leave A Comment