Comezou o mes de xuño e o MELGA esta en as TRES EMES, é dicir, o Mes que Máis solicitudes ten o MELGA para realizar unha visita guiada ao noso museo.
As excursións de final de curso dos centros docentes, antes de comezar os exames finais de etapa, convértense nunha masificación importante. Moitas das datas xa foran reservadas desde o mes de xaneiro. A este momento estamos “overbooking”, pois todos os días de mes, atópanse reservados e nalgunhas ocasións as datas están duplicadas: matinal e vespertina.
Hoxe contamos con máis dun centenar de alumnos/as de sexto de primaria (11 anos) do CEIP. Fogar de Carballo (A Coruña), ao mando de 4 profesores/as. O tempo dedicado á visita guiada foi moi curta, xa que por motivos do transporte, chegaron ao museo con bastante atraso e tívose que acurtar dita visita. De todas as maneiras, a seguinte cita estaba asegurada, polos comentarios que se barallaron polos docentes (setiembre/outubro ou nesta mesma data, pero para o ano 2017).
Sabor agridoce e unha mañá desilusionante por ambas as partes.
Leave A Comment