Como o ano anterior non se realizou toda a visita completa ao MELGA, este ano decidiron vir de visita guiada con moito máis tempo.
Durante catro horas (10,00 á 14,00 h.), case os cento cincuenta (150) alumnos/as do colexio privado Liceo A Paz da Coruña, organizados polo seu coordinador de 3º da ESO (13 anos) Javier Fernández e varios profesores/as, gozaron en dous grupos separados, das explicacións e a práctica dos xogos e deportes tradicionais de Galicia polo Director do MELGA e os seus monitores axudantes.
Aínda que se aveciñaba mal tempo, arriscouse realizando a actividade lúdica tanto no exterior como no interior das instalacións museísticas, cuestión que se nos concedeu. O obxectivo Por fin! da visita guiada deste ano cumpriuse á perfección. Foron constantes os moitos agradecementos que recibimos por parte do alumnado como do profesorado, “Que aprenderan moitas cousas novas e coñeceran diferente xogos para eles totalmente descoñecidos”. Sobre as 14,00 h. a expedición desprazouse ao Monte Branco e ao Piñeiral de Balarés para repoñer forzas despois das prácticas realizadas.
Leave A Comment