Despois de finalizadas as visitas guiadas dos colexiais por motivo das súas vacacións, onte venres día 1 de xullo deron por iniciadas as de grupos especiais.
Visitounos nesta primeira xornada o grupo APEM (Asociación Prol-Enfermidades Mentais) do municipio de Carballo. Unha vintena de asociados, coordinados pola profesora Eva, asistiron atentamente as explicacións do director do MELGA, durante máis de dúas horas e media, así como practicaron diferentes xogos tradicionais galegos e do mundo, cun entusiasmo e interese dignos de recoñecemento. Non só estas dúas características sobresaíron, senón que, a participativa foi in crescendo a medida que gozaban dos xogos alí desenvolvidos, chegando nalgún momento a picarse para conseguir gañar ao compañeiro e tentar bater o record da proba.
As idades dos visitantes era moi heteroxénea xa que se atopaban nunha franxa de 25 a 70 anos aproximadamente. En palabras da coordinadora ao final da visita, comentounos:
É a saída (visita/excursión) que máis gozamos, despois de moitos ano, desde 1983 que fomos creados, tanto as profesoras como os asociados. Todos van con ilusión de regresar e animadísimos.
Por parte da dirección do museo e presidencia da fundación, todos os compoñentes do grupo foron felicitados individualmente, de maneira efusiva, pola atención prestada Parabén! e puxémonos á súa disposición para realizar prontamente unha Paraolimpiada de xogos e deportes tradicionais galegos, ou no MELGA ou na súa propia asociación.
Queda pendente dita cita.
Leave A Comment