Comezou, outra tempada máis (e van tres) as visitas guiadas ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), de grupos que están a desenvolver, campamentos urbanos , nas súas localidades correspondentes.
Polo xeral, dita visita está incluída dentro da programación semanal ou quincenal da colonia estival, deixando unha xornada para a visita ao museo de Ponteceso.
Onte xoves día 7 de xullo, os que se achegaron ao Melga, foi o grupo de ESPROADE S.L. Servizos Socioculturais da Laracha.
Foron 40 nenos/as e 3 profesoras/é que, estiveron coordinados todos pola profesora Marta Piñeiro e as idades dos mesmos, estaban entre os 3 e 7 anos. Ao ser un grupo tan dispar, houbo algunha pequena dificultade, pero a través de xogos adecuados a cada idade, foron emendados de inmediato, logrando unha gran participación e interese importantes.
Igualouse o record de “castelos de carozos de mazarocas” e “pinzas de Lavandeira”, igualando ao CEIP de Malpica de Bergantiños con 14 pisos de construción estable.
Ao final da visita o director do museo entregou aos tres participantes con maiores medallas obtidas por acertos en preguntas sobre as explicacións dadas, senllos xoguetes tradicionais como eu-yos, peonzas e crebacabezas.
Leave A Comment