O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, colaboraron cedendo as súas salas de exposición museísitca, coa Fundación Eduardo Pondal no desenvolvemento do exitoso e multitudinario IV Certame de Pintura Rápida Fernando Álvarez de Sotomayor , celebrada no día de onte domingo 24 de xullo en Ponteceso, con participantes de León, Cieza (Murcia), As Lagoas (Málaga), Oviedo, Olvera e Xerez (Cádiz), Madrid, Xixón, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Logroño, das catro provincias galegas e de Ponteceso.
A primeira sala do museo de “Xogos e Deportes Tradicionais”, ao ter a mesma carácter multifuncional, serviu para acoller a gran cantidade de público que estiveron presentes para a entrega dos 12 premios concedidos pola entidades e organización, aos máis de cen artistas presentados ao concurso, así como autoridades, membros do xurado, empresas privadas e unha actuación musical. Finalizado o acto protocolario, na segunda sala “A historia do xogo e o deporte a través dos tempos”, adecuouse debidamente a sala e alí serviuse un “viño galego” acompañado duns excelentes produtos da terra.
Aproveitando a visita de varios cargos da Xunta de Galicia, Inés Santé Riveira Directora do Instituto de Estudos do Territorio, de Sol María Vázquez Abel directora Xeral de Comercio e do deputado Xosé Regueira Varela deputado de Cooperación, Plans provinciais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artístio, dos membros do xurado Maya e Fernando Sotomayor, Xosé Ameixenda, Hernán Cortés, Siro López, María José Pousa e o alcalde Lois García Carballido, o presidente da Fundación e director do MELGA, Ricardo Pérez e Verdes realizou unha breve visita guiada polas instalacións do museo, explicando e aclarando cuestións que os acompañantes estaban interesados. Moitos dos membros do grupo, comprometéronse a ceder ou doar ao MELGA algúns obxectos ou pezas esquecidas que gardaban nas súas residencias da súa tenra infancia. Cuestión que foi agradecida de inmediato polo Padroado da Fundación e pola dirección do Melga, polo interese e apoio que entrañaba devandito altruísta xesto.
Todo os actos estiveron acompañados polos grupos musicais “Os Farrapos” e por “Os Campantes” e “Inllar” do Couto (Ponteceso) que realizou a animación coas súas pasarrúas durante toda a xornada artística.
Leave A Comment