O vindeiro luns día 17 de outubro estará á venda, en todas as librerías españolas e nos países de fala hispana (Norte América, Centroamérica e Sudamérica), o libro titulado Actividades Lúdicas para Educación Física, Ed. Onporsport S.L. Barcelona,1916. (inclúese un CD con todos os xogos de aplicación) cuxo autor é o xienense Xullo Anxo Herrador Sánchez, doutor en Educación Física e profesor na actualidade da materia Habilidades Motrices Básicas e Xogos motores na Facultade do Deporte da Universidade Pablo Olavide de Sevilla. Estamos a falar dun especialista no mundo do xogo e na recreación, xa que impartiu cursos en Europa e América. Conta con varios premios nacionais de investigación no ámbito lúdico e posúe un nutrido número de publicacións en revistas e textos relacionados con dicha temática. E ultimamente estase dedicando “O xogo como elemento transversal e mellora da condición física no futbolista”, realizando diversas experiencias nos clubs andaluces do Sevilla e o Cádiz.
Cando o autor propúxome que prologase este libro non puiden evitar sentir unha inmensa hemorraxia de satisfacción dada a longa amizade que nos une e a admiración profesional que nos profesonamos. Deixarme compartir os meles deste traballo, supón para min un privilexio lúdico pois me aboca, de novo, a ser feliz xogando. A lectura deste libro constitúe unha auténtica delicia, xa que en cada unha das súas páxinas reflíctese marabillosamente o bullicioso pracer de gritar, de cantar, de compartir, de divertirse, de entreterse… De ser inmensamente feliz!. Por un instante, lembroume o goce inmenso que sentín durante a infancia e adolescencia cando a vida era unha aventura, libre de obrigacións e ataduras e onde o xogo era o medio para descubrir o mundo e coñecerse. Entón, vivir e xogar era a mesma cousa. Grazas XULLO.
Así se expresaba, Ricardo Pérez e Verdes, Presidente da Fundación que leva o seu nome e Director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), nalgún das pasaxes do prólogo.
Temos nas nosas mans un modélico texto, en canto á súa orientación pedagóxica e carácter innovador, polo que considero que é unha ferramenta imprescindible para bibliotecas, colexios, asociacións, federacións, ensinantes en xeral e persoas interesadas no tema. Estamos ante un excelente documento, que nos permitirá introducirnos no desenvolvimiento das actividades lúdicas no mundo docente, técnico e deportivo.
Leave A Comment