O sábado día 29 do presente mes de outubro, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA estarán presentes nas actividades programadas polo concello de Ponteceso, no seu XXVI edición da “FESTA DÁ FABADA”. A xornada lúdico-práxica será desenvolvida a partir das 19,00 na carpa habilitada, no Campo da Feira da Trabe, onde tamén levará a cabo a sesión gastronómica e festiva-musical. Nesta ocasión a sesión práctica estará enfocada para todas as persoas maiores (homes e mulleres) do municipio e para todos aquelas persoas da área de influencia que desexen pasar un tempo esquecido dos seus xogos de infancia. Por descontado que poderán participar outros niveis como mozos, adultos e nenos/as se os houbese. É dicir, a participación será aberta para todos. Serán dúas horas de entretementos recreativos (non competitivos) rescatando aqueles xogos e deportes que nos identificaron como galegos. Esperámosvos! Achegamos cartel anunciador da xornada.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment