Como fora anunciado con anterioridade, nos carteis publicitarios da “FESTA DÁ FABADA” do Concello de Ponteceso, este ano a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA, colaboraron nesta XXXVI edición, cunha sesión de xogos e deportes tradicionais galegos para adultos, aínda que debida a escasa participación de persoas maiores, abriuse a convocatoria para todos os públicos. Todos os participantes, durante preto de tres horas, recreáronse e gozaron de variados xogos e deportes tradicionais, para moitos deles totalmente descoñecidos, como a carreira de tartarugas, a ra, a pesca, as bochas, vos birlos de derriba, ou sapo, a estrela, etc. e como xogo colectivo final de festa, o peletre.
A máxima participación, pódese dicir que foi foránea e a de menor grao local, pero en cambio, hai que destacar, que os membros da corporación municipal foi importante, pois estivo representada polo alcalde Lois Carballido e os concelleiros Marcos Varela (Deportes), José Luís Pena (Mantemento) e José Pouse (Festas), onde demostraron nalgúns dos xogos executados, as súas extraordinarias habilidades.
A xornada, baixo a gran carpa, estivo dirixida polo director do MELGA, acompañado de varios dos seus monitores. Esperamos que a próxima convocatoria, o ano 2017, podamos atraer, se se pode, unha maior participación na devandita experiencia lúdica, gastronómica e festiva.
Leave A Comment