Visita ao Melga no otuono lúdico e cultural

No día de onte, o MELGA de Ponteceso, tivo a visita dun centenar de escolares do 3º ciclo da ESO (14-15 anos) acompañados polos seus profesores, do Colexio Bilingüe da Grande Obra de Atocha da Coruña.

Nesta ocasión era a segunda vez que nos visitaban. A xornada lúdico-cultural desenvolveuse, durante a mañá, en realizar visitas monumentais polo concello de Cabanas (dolmen de Dombate, Ruta dúas Muiños,etc.) e o concello de Ponteceso (Casa Pondal, Monte Branco, A serpe,.) e sobre as 12,00 h. desplazáronse para fecer a visita guiada ao MELGA.

Nesta ocasión, ao ser un número moi elevado de visitantes, xa que como máximo o número é de 50 compoñentes, o grupo foi dividido en dous, comezando o A e B con xogos de exterior (carretas, tirafungueiro, mazarocas, chave, birlos, etc..) no campo de xogos do Centro Cultural e o outro grupo (C e D) coa visita museística e xogos de interior (tirafungueiro, sapo, estrela, o corno, etc.). A continuación realizouse a correspondente rotación.

Preto de tres horas de xogos e explicacións, onde imperou unha excelente atención por parte de todos do que alí se transmitía e un gran ambiente de participación e atención aos 25 xogos e deportes desenvolvidos practicamente, tanto no interior como o exterior do museo. Pola tarde, xantaron no piñeiral de Balarés e desprazáronse a Corme e a Roncudo, dando por finalizada a sesión sobre as 17,00 h. Unha excursión trimestral cunha saída con grandes doses de cultura, recreación e aprendizaxe.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.