Preto de unha corentena de alumnos/as do CRA. Os Remuiños do concello de Cabana de Bergantiños e oito profesores dirixidos pola súa directora Sonia Garrido, visitaron por primeira vez, aínda estando tan preto de Ponteceso, as instalacións do Centro Cultural onde está situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), para desenvolver unha visita guiada. As idades comprendidas dos “ilustres” visitantes, estaban entre os 3 e os 6 anos. A sesión matinal estivo dirixida, como sempre polo director do centro, desenvolvendo en dous partes a visita, nun principio a primeira sala, un descanso para repoñer forzas e unha segunda visita a segunda sala. Finalmente o grupo fixo unha visita á sala de exposicións do centro, todavía aberta ao público, onde se atopan situadas as mostras do Día do Peón en Galicia, “Xira e xira”, as coleccións privadas de este xogo milenario de Ángeles Lence, Rosario Español y Ricardo Pérez y Verdes, coleccións de gravados, fotografías e bibliografía sobre as peonzas, traballos dos participantes dos obradoiros e rematando a visita con unha demostración práctica “bailando” os diferentes peóns, trompos, perinolas e perindolas alí expostos.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment