Con ocasión de realizar unha reportaxe, concertado desde facía algunhas semanas, sobre a última exposición que o Museo Etnolúdico de Galicia, “Ou mundo xira e xira” do mundo das peonzas, trompos, perinolas e perindolas, o programa matinal “A Revista” de Televisión Galega (TVG), realizou no día de onte venres día 9, varias conexións en directo, desde as salas do MELGA.
Ao mesmo tempo aproveitando a asistencia masiva de visitantes que ese mesma día acompañábannos, para unha visita guiada, tiveron a ben sondar a opinión dos nenos/as e profesores/as alí presentes, para solicitarlles a seu ditamen sobre o que alí estaba a suceder no museo, a súa experiencia e o seu coñecementos sobre os xogos e deportes tradicionais galegos, curiosidades e historia sobre os mesmos, etc. e finalizando”in situ” con unha demostración práctica de varios xogos.
O director do centro, tamén foi consultado en varias ocasións, para que dese un veredicto da experiencia levada a cabo na devandita xornada de intercambio entre dous centros docentes, difusión, proxección do MELGA e aceptación dos galegos a este foco de cultura que posúe o concello de Ponteceso para disposición de todos as mulleres e homes de Galicia, de España e do mundo.
Leave A Comment