Unha trintena de alumnos e alumnas do CPI. As Revoltas de Cabana de Bergantiños, visitaron hoxe venres día 17, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en xornada matinal. Devandito centro docente, ten establecido como cita anual esta actividade extraescolar, con ciclos diferentes, o achegarse ás nosas instalacións museísticas e nesta ocasión era a terceira vez que nos acompañaban desde a nosa inauguración. Para todos nós é un gran aliciente para proseguir traballando en prol do noso patrimonio lúdico, cultura e inmaterial galego.
Nesta ocasión, cunha gran agradable sorpresa para min, xa que os alumnos/as do centro viñan acompañados e coordinados polos titores Carlos Conde profesor de Educación Física e por Moncho Varela (ex alcalde de Malpica), pois o primeiro fora alumno meu da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e o segundo foramos adversarios deportivos, hai moitos anos, nos comezos da liga da Costa de Fútbol, él representando a Malpica e a miña persoa ao Ponteceso. Gran alegría o contar con dous colegas en dicha visita guiada e facerlle de guía na mesma. Con escaso tempo dispoñible para realizar a mesma, pero tanto alumnos/as como profesores comentaron que “sóubolles a pouco” e que pronto sacarían, sen dúbida, algún oco nos estudos e volverían para estar unha mañá completa. É de destacar o gran interese do grupo, tanto alumnos/as como profesores, pola sesión e a súa disposición máxima á participación dos xogos e deportes efectuados.
Leave A Comment