Presencia da Xunta de Galicia no Melga

Este último xoves día 23, tivemos a sorpresiva visita ao MELGA, da xefa de Servizos Nuria Serrano e do Xefe de Sección Xosé Manuel Méndez, técnicos da Xunta de Galicia do  Departamento de Cultura da sección de Museos.

O achegamento á nosa institución veu motivada, do mesmo xeito que á do Museo do Mar de Laxe, para obter “in situ” información sobre todo o relacionado aos recinto museístico da zona e así poder valorar, posteriormente, despois de cumprir todos os requisitos debidos, o posible recoñecemento como museo ou colección visitable pola Xunta de Galicia, para a guía oficial do Patrimonio cultural galego.

Debemos resaltar que a sensación que ambos funcionarios levaron do noso Museo Etnolúdico de Galicia foi inmellorable, causándolles unha grata impresión da distribución das salas, a gran cantidade de pezas existentes, a señalética, a orixinalidade do mesmo, as instalacións, etc.  Un importante empuxe e reforzo institucional ao MELGA para continuar  o arduo traballo que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o seu padroado, veñen realizando como promotor do concello de Ponteceso a nivel autonómico, nacional e internacional, desde fai  tres anos escasos da súa creación.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.