Preto dunha corentena de nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e 8 anos de idade de 1º-2º e 3º Primaria (Infantil ) do CPI. Cabo de Area do municipio de Laxe, onte pola mañá, visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) nunha sesión teórica-práctica de xogos e deportes tradicionais e do mundo, nas instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso. Os alumnos/as foron acompañados en todo momento polas súas profesoras Alejandra e Laura Romero (como responsable da saída extraescolar) e de Aurora, coidadora da nena Teresa, con problemas de mobilidade física.
Desexamos comentar que a xornada, despois de dúas horas e media de sesión, foi da máis satisfactoria, emocionante e modélica. Aquí, sen dubidalo, atópase o reto da nosa vocación educativa e pedagóxica. Observando a interrelación de todo o alumnado, levando con verdadeira normalidade todo o relativo a compañeirismo, solidariedade e sen diferenciar en nada os xogos realizados para todos, por suposto, con algunhas pequenas adaptacións para unha persoa cunha disfunción importante.
Para o director e guía do museo foi un dos días máis grandes e aleccionadores da sua vida, xa que tivo nos seus anos de experiencia docente “ver a Teresa xogando os mesmos xogos que os seus compañeiros/as e obtendo dela, movendo as fichas e obxectos coas súas mans, un sorriso e contaxiándonos a súa alegría, ao vela xogar ao billar xaponés, ao palet, ao disco ou prato, ao eu-eu, etc… Estamos convencidos, máis que nunca que: ¡ Xogar é vivir!”
Leave A Comment