Primeiro dobrete deste ano no Melga: o CEIP. Mar de Fora de Fisterra(Matinal) e a escola de nais e pais do concello de Laxe (Vespertina)

Como último día do mes de maio, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), finalizou un gran mes con moitas visitas guiadas ao mesmo. Hoxe mércores tivemos sesión lúdica dobre, xa que pola mañá acompañáronnos unha vintena de alumnos e alumnas infantil de 6 a 9 anos (1º a 4º de primaria) do CEIP. Mar de Fora do municipio de Finisterre. Estiveron acompañados polas súas profesoras titoras  Rosario Ínsua e como coordinadora do grupo Tania Quintela. O traballo teórico-práctico dos alumnos/as foi excepcional, durante as dúas horas e media de explicacións e prácticas dos xogos e deportes tradicionais levadas a cabo no recinto museístico. A continuación todos os visitantes/excursionistas desprazáronse ao Malecón, Casa Eduardo Pondal e ao piñeiral de Balarés para repoñer forzas e continuar a xornada polos arredores da vila pondaliana. Os premios, obsequios doados pola  Fundación, nesta ocasión levoullos para Finisterre Xabier Suárez de 8 anos, para que comece a súa colección particular de xogos e deportes tradicionais galegos.

Finalizada a sesión matinal, pola tarde, recibimos á Escola de Nais e Pais do concello de Laxe, un grupo moi heteroxéneo, xa que o mesmo compoñíano varias xeracións, avós/as, pais/nais e fillos/as da poboación laxense. O total os visitantes foron unha trintena de persoas, comprendidas entre os 6 e 80 anos. A actividade foi organizada pola concellería delegada de Servizos Sociais, emprego, igualdade e cultura, e o grupo estivo coordinado pola técnico de Intervención Familiar e Servizos sociais do concello Mariló Porteiro. Esta visita guiada foi para moitos deles, a primeira vez que entraban no MELGA, outros en cambio non, pois estiveran nel, pero de forma particular e privada e varios repetían a experiencia por segunda vez. A actividade estaba incluída dentro do programa “Educar na conservación do Patrimonio Histórico”.

 

 

A gran sorpresa déunola o alcalde-presidente José Manuel Mouzo Castiñeira, que como un visitante mais, estivo presente durante as dúas horas que durou a visita guiada, ademais de participar activamente  en varios xogos tradicionais, do mesmo xeito que moitos dos presentes. Podemos destacar que, posiblemente, estamos ante o mellor tirador de “varapau” de Galicia e porque non de España. Resumindo, un grupo excepcional polo interese demostrado no tema lúdico, por recordos renacidos, polas súas ilusións perdidas, moi participativos e competitivos. Parabén a todos!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.