Por segundo ano consecutivo, o Colexio A nosa Señora do Carmen do municipio coruñés de Finisterre, chegou ao MELGA con medio centenar de alumnos e alumnos de 1º a 4º de primaria, entre os 6 e os 9 anos, acompañados dos seus profesores/as Maria Jesús Senra, Yolanda Mendoza, Mary PazTraba, Lisbeth Igrexas, José María Senra e como coordinadora do grupo Mary Carmen Ínsua. Toda unha mañá lúdica extraordinaria como excursión de fin de curso, coa visita guiada teórica afeita e as súas prácticas correspondentes. Os obsequios tradicionais nesta ocasión foron para Adrián López de 8 anos e Iago Ínsua de 9 anos. A súa coordinadora coméntanos a través de e-mail que: “ estaban moi agradecidos por tratalos tan ben e con tanto agarimo e que os nenos llo habían pasado moi ben e que se foron moi contentos, que non dubidarían en volver e que recomendarían a visita ao MELGA a outras persoas, xa que fora extraordinaria a xornada.” Como anécdota destacable da visita foi que entre os alumnos/as do colexio, atopábanse os fillos do ex-concelleiro de Cultura do Concello de Ponteceso Óscar Rey e a sobriña de Rosario Canosa, Asistente Social do Concello de Ponteceso. Como final de excursión desprazáronse á casa de Pondal e gozaron unha xornada gastronómica-de praia en Balarés.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment