En xornada matinal, tivemos outro dobrete máis este ano en visitas guiadas ao MELGA de Ponteceso. Desde as 10,00 h. ata as 12,30 h. da mañá, recibimos a unha media centena de alumnos/as do CPI. Monte Caxado do municipio coruñés das Pontes de García Rodriguez, con idades comprendidas entre os 9 e 11 anos. Estiveron acompañados polos profesores/as Loli Prieto, Alicia Piñeiro, Fina Branco e Pedro Neira, que casualmente fora alumno do director, nos seus estudos de Educación Física na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física(INEF-Galicia). A visita guiada durou dúas horas e media. Obtiveron os premios de atención e habilidade a alumna de 9 anos Andrea Cery e o alumno Fernán Nicolau Pena de 8 anos. Tamén este último docente, bateu un novo record, con 46 puntos, no xogo do “Palet holandés”.
Finalizada a visita todos os visitantes desprazáronse ao piñeiral de Balarés, para repoñer forzas e gozar da paisaxe e o areal esbrancuxado da extraordinaria praia que posúe o concello de Ponteceso. Tampouco deixaron de presenciar o observatorio ornitolóxico do Monte Branco, a Barra e os meandros do río Anllóns.
Leave A Comment