Por primeira vez o municipio de Rois (A Coruña), está presente no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a través do centro escolar C.P.P.I. Dos Dices, con corenta nenos e nenas de entre os 10 e 11 anos. Viñeron acompañados polos seus titores/ profesores/as Isabel Seco, Xosé Mº Duyos e José González.
Despois dunha intensa mañá de visita guiada, con case tres horas de aprendizaxe e entretementos, deleitáronse das informacións transmitidas polo guía, así como competiron na práctica de diferentes xogos tradicionais de Galicia e do mundo, tanto alumnos/as como profesores/as. Os premios concedidos, pola atención e acertos da visita, leváronllos os alumnos de 11 anos de idade, Sara Barreiro e Nicolás Davila.
En canto aos profesores comentaron: “Que viñan á visita cunha advertencia da súa dirección e non era outra, que a de observar como resultaba a mesma xa que de ser atractiva, instructiva e cultural, dita xornada repetiríana en anos sucesivos con alumnos/as de diferentes ciclos da escola”. Parece ser, que a nota obtida foi eloxiada por todos os visitantes, cuestión que nos congratula.
Leave A Comment