Con medio centenar de nenos e nenas da segunda quenda do campamento Urbano do ANPA do CEIP.Val-Inclán e da Asociación Deportivo Cultural As Mariñas do concello de Oleiros (A Coruña) onte visitaron, pola mañá o MELGA, por segunda vez en cuestión dunha semana, pero nesta ocasión eran os “pequerrechos” do campamento que correspondían a idades entre os 3 e os 6 anos. Nun principio a saída ao museo estivo moi condicionada á folga do transporte na nosa comunidade, xa que ata última hora, a empresa de autobuses arriscou e tomou a decisión de saír cos campistas cara a Ponteceso para realizar a devandita excursión, comprendendo que a data levaba varios meses programada e non se contaba con máis días para podela verificar ao ser esta o último día de campamento.
Despois de case dúas horas de visita guiada, cun intermedio para o tentempié, tanto os nenos/as e os seus profesores acompañantes Luís Areal, Nico García, Moncho Casas, Conchi Paxaro e Manuela Vázquez que exercía de coordinadora do grupo, puideron “aprender xogando” os xogos e deportes tradicionais de Galicia e doutras terras, coas explicacións dados polo guía do museo. Foi tal o entusiasmo e o interese dos pequenos visitante, que só nos deu tempo a visitar ao completo a primeira sala do recinto, deixando para outra ocasión a segunda sala. Estiveron a piques de bater algún record en varios xogos pero ao final non foi posible, aínda que estivesen tan preto de facer a máxima marca.
Como curiosidade da sesión, foi que varias familias con nenos/as de Santiago de Compostela, de Lugo e de Xinzo de Lima (Ourense), turistas ubicados en Laxe, que realizaban a visita de forma persoal, ao final uníronse ao grupo, participando de toda a sesión teórica e práctica da visita guiada. As familias despois de rematada a primeira sala, comunicaron a Ricardo Pérez e Verdes, director do museo, que se era posible continuar coas súas explicacións da segunda sala con todos eles. Como non podía ser doutra forma a visita continuou ata dar finalizada a mesma.
Nesta ocasión queremos agradecer á Oficina de Información Turística do concello de Laxe que informou aos devanditos viaxeiros da existencia do MELGA de Ponteceso, para que non perdesen a oportunidade de coñecelo. A nosa inmensa gratitude. Por parte das familias, a súa satisfacción e agradecemento final foi moi recoñecido, comentándo que “fose unha gran pena e pesar o marcharse da zona sen gozar dunha mañá inmensamente agradable, divertida, cultural e instructiva. Parabens”
Leave A Comment