O alumno da Universidade Isabel I de Castela, cuxa sede se atopa na cidade de Burgos, Jonathan Calvo Fernández, natural da Coruña, realizou un traballo para a súa gradación en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, titulado “Fundamentos Históricos do Deporte: o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA)”, obtendo no mesmo, a máxima puntuación “cum laude” con 100 puntos sobre 100. O traballo foi valorado polo profesor Santiago García Murillo. Así expoñía o profesor no seu informe final: “…Os rexistros realizados son válidos gardando a adecuación requirida e reúnen os diferentes ítems que se piden no persoal. Ten a mellor cualificación que puxemos no TAO. Parabén¡
O traballo consistiu en realizar varios rexistros históricos, de tipo monumental artístico, obras pictóricas, bibliografía específica, etc. nalgunha instalación actual, realizando un estudo pormenorizado dos obxectos a estudo, con documentos, imaxes, datas de creación, evolución, etc. das prácticas do exercicio físico, do xogo ou o deporte cun carácter histórico.
Jonathan realizou un brillante estudo histórico, despois de varias visitas efectuadas ao MELGA, sobre todo da segunda sala, que corresponde á historia cronolóxica dos xogos e deportes a través dos tempos. Tivo a ben o seleccionar unha vintena de xogos e deportes históricos, destacando pola súa amplitude e estudo o primeiro texto rexistrado na historia (1538) sobre a natación de Nicholas Wynmann titulado Colymbetes, sive de arte natandi, dialogous&feftiuus & iucundus lectu; tamén nesta categoría seleccionou o primeiro tratado de esgrima de 1635 cuxo autor foi o famoso mestre de esgrima español Luís Pacheco de Narváez; estudou as pezas antigas gregas do estrígilo e as halteras , implementos ou artefactos de cobre ou bronce e madeira ou chumbo respectivamente, necesarios para o coidado do corpo e para realizar os saltos de lonxitude durante os xogos olímpicos antigos; profundou nos xogos de taboleiro mais antigos da historia, como o exipcio denominado o senet (2.400 a.C.) ou o Xogo Real de Ur mesopotámico do 2.600 a.C. ou do xogo prehistórico do balero datado sobre os 250.000 anos a.C.
A dedicatoria do traballo foi en exclusiva para o MELGA e o seu director, do cal sen dubidalo sentimos altamente halagados pola nosa modesta achega, pero se podemos estar seguros, que dita investigación será a partir da data, un referente para o estudo da historia dos xogos e deportes históricos, do Grao de Ciencias da Actividade Física e Deportes dos nosos estudos universitarios. PARABÉN e FELICITACIÓNS!
Leave A Comment