O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) do concello de Ponteceso, onte martes día 18, recibiu nas instalacións do Centro Cultural da vila, a un grupo de sesenta campistas, con idades comprendidas entre os 5 e os 16 anos, do campamento urbano da Escola Lubians de Hockey patíns e patinaxe artístico de Carballo, acompañados polos monitores/as Natalia Muiño, Nuria Reguera, Beira Almeida e Carlos Loureiro director técnico do club Lubians. A xornada matinal levouse a cabo desde as 11,00 h. ás 13,00 h. e todos os compoñentes do grupo, realizaron a visita guiada ao museo baixo a batuta experta de Ricardo Pérez e Verdes, director do museo. Aínda que o grupo era moi heteroxéneo, a sesión realizouse con normalidade, interese, disciplina e atención por parte de todos, escoitando as explicacións que alí se daban e practicando aqueles xogos e deportes máis representativos da nosa comunidade autónoma de Galicia, así como outros xogos nesta ocasión, da zona europea. Esta era a súa segunda vez que nos visitaban, xa que a última vez que o fixeran fora, por estas datas, pero no ano 2015. Segundo palabras do seu director técnico, que non coñecía o MELGA así como tampouco os monitores, transmitiunos que “ impresionáralle tanto a visita que non dubidaría en repetir a experiencia o ano entrante, pero nesa ocasión viría cun grupo máis reducido ou individualmente, para imbuírse en profundidade do máximo de coñecemento.” Actualmente estamos a abrir un novo abanico de visitas, como este caso, de grupos de diversos deportes modernos, que desexan coñecer ademais da súa especialidade, outras actividades complementarias para a súa formación físico-ludico deportivas.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment