Preto de oitenta nenos e nenas carballeses, en idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos de idade, achegáronse onte pola mañá, mércores 19 de xullo ao concello de Ponteceso, para unha visita guiada interactiva ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e así realizar un percorrido polas súas salas de exposición, durante máis de dúas horas e media de duración. O grupo visitante correspondía ao Basquet Camp da Escola Basquet Xiria do municipio de Carballo (A Coruña), acompañados do xogador do primeiro equipo senior masculino (Hector Añón), xogadoras/monitoras (Iria Sánchez e Brenda Noya), xogador/adestrador (Nacho Pose) e coordinados todos eles polo adestrador Arturo Ferraces. Unha xornada diferente e orixinal dentro das actividades planificadas no campus urbano 2017 do club bergantiñán. Satisfacción por ser a primeira visita que fan ao MELGA e esperan que continúe en tempadas sucesivas dita actividade tan gratificante e instructiva. Por parte dos futuribles xogadores/as e dos seus adestradores recoñeceron a gran mañá que pasaron “xogando e aprendendo” moitas cuestións, que o director do MELGA, ensinou sobre a historia deportiva, como era de supoñer, do baloncesto ou básquet, desde as súas orixes ata a actualidade. Gran xornada baloncestista programada no museo pontecesán.
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Leave A Comment