As escolas de balonman Xiria de Carballo ( A Coruña) pecha as visitas do mes de Agosto

Preto dun centenar de nenos e nenas do campamento urbano das Escolas de Balonmán Xiria de Carballo (A Coruña), visitaron onte (último día do mes de agosto do presente ano 2017), o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), acompañados dos seus monitores Eva Periscal, Jorge Viñas, Beatriz Souto, Sara Varela e Adrían Dubra que exercía de coordinador do grupo campamental. As idades dos “futuribles” xogadores deste deporte, estaban entre os 4 anos e os 14 anos. A visita foi matinal desde as 12,00 h. ata as 14,30 h., é dicir, dúas horas e media segundo moitos deles insuficiente, pois aínda que estaban divididos en dous grupos, os máis de 25 xogos planificados, só puidéronse realizar un pouco máis da metade. Usáronse as pistas do campo exterior e as salas do museo para realizar as devanditas actividades lúdicas.

Apuntar que durante a visita guiada uníronse á mesma varios matrimonios cos seus fillos, que realizaban unha ruta turística pola zona. Podemos destacar que este mes recentemente finalizado, foron moitos os visitantes (turistas) particulares galegos(menos), como españois (moitos) e estranxeiros (poucos), que se achegaron a visitar o MELGA, como recurso cultural e lúdico das súas vacacións pola zona. O aumento con respecto ao ano anterior, foi superior ao 120 %. Un gran mes de agosto de 2017 para difundir e expandir o noso museo por todo o mundo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.