O vindeiro luns día 11 do presente mes de setiembre, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), organizan a partir das 17,30 h. no campo da Feira do concello de Ponteceso, a cuarta edición da Baixada de Carretas, Carros e Carrilanas (transportes lúdicos), feitos exclusivamente de madeira, que realizasen varios descensos pola rúa Vereda da Trabe.
Organizaranse dúas modalidade en cada unha das especialidades: unha de resistencia e outra de velocidade. Poden inscribirse todos aqueles participantes que o desexen ata as 14,00 h. do mesmo luns no Centro Cultural ou no MELGA.
Recomendacións: obrigatorio inscribirse ( de non ser así non poderá participar), imprescindible e necesario levar casco, competir con vehículo propio, cada participante poderá competir nas tres modalidades planificadas e prohibirase o uso de elementos metálicos ou tecnolóxicos nos “aparellos”. As idades dos participantes abarcarán a pinza desde os 5 anos (acompañados dos seus familiares) ata os 100 anos. Haberá trofeos para os campións, subcampións e terceiros clasificados.
No caso de que algúns dos interesados nas probas citadas, non conte cos “antigos cacharros”, a organización poñerá a disposición dos mesmos, algunha carreta, carro ou carrilana para satisfacer e lembrar tempos pasados. En caso de non chegar a un mínimo de inscricións as probas serían anuladas, de igual forma polas inclemencias do tempo (choiva).
Para maior información sobre a Baixada, dirixirse ao teléfono 981.71.54.42 ou ao e-mail: ricardoperezyverdes@gmail.com.
Leave A Comment