Máxima asistencia de público ao Melga no Día da Pilarica

Onte xoves, día 12 de outubro, con motivo da festa do Pilar, Día da Hispanidade, festivo, “ponte” e o campionato de Tirabalas programado pola Fundación e o MELGA, as salas do museo víronse desbordadas pola masiva  afluencia de público nesta xornada matinal asollada de outono. Debido á sorpresiva asistencia de visitantes, a dirección do museo, levou a cabo unha visita guiada con todas aquelas persoas interesadas na mesma. Entre os compoñentes á devandita sesión lúdico-cultural atopábanse o catedrático da Facultade Historia Luís Alonso e a súa esposa Chon Cambrón profesora da Facultade de Dereito, ambos da Universidade da Coruña e os seus amigos Manuel Branco e a súa esposa Mary Pérez, ambos os dous altos cargos de Unión Fenosa da Coruña.  Tamén se uniron ao percorrido os profesores Miguel Gurriarán e a súa esposa Elena. El é fillo do médico e gran político galego Gonzalo Gurriarán Rodriguez  e ela exprofesora do IES Ponteceso durante algúns anos. Esta visita para Miguel foi moi especial xa que era a súa primeira visita ao museo e outra era que nunha das vitrinas do MELGA (século XX), estaban expostos os esquíes do seu pai Gonzalo, fundador do club de Montaña Pena Trevinca, campión de España, seleccionador da selección galega de esquí e que foron doados ao museo polo seu irmán Ricardo Gurriarán, historiador e profesor de educación física e amigo do director do museo Ricardo Pérez e Verdes. E por último visitounos o xerente da Fundación Eduardo Pondal José María Varela, que tivo a ben obsequiarnos cos dous últimos libros publicados sobre o insigne bardo pontecesán e que desde este momento serán expostos na vitrina homenaxe que ten na sala I Eduardo Pondal.

 

Museo Melga Eduardo Pondal

Unha sesión extraordinaria e memorable que teremos presente durante moito tempo pola importancia dos ilustres visitantes. Por outra banda, os asistentes deron reiteradamente os máximos parabéns ao director do mesmo e para este magnífico museo galego e que fora para eles unha grande e excelente sorpresa deste ben lúdico-cultural, escondido e aínda pouco coñecido, situado en Bergantiños (Costa da Morte), no concello de Ponteceso (A Coruña).

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.