O Colexio Plurilingüe a Grande Obra de Atocha da Coruña, outro ano mais, visita o MELGA de Ponteceso , na mañá do xoves 9 de novembro con 80 alumnos e alumnas de 3º e 4º de secundaria ESO, con idades comprendidas entre os 14 e 15 anos.
Todos eles foron acompañados por cinco profesores/as e como xefe de expedición o profesor David Varela. Aínda que tiñan pensado realizar unha visita lóstrego, a mesma, durou máis de dúas horas e media, atopándose moi a gusto nas salas visitadas coas explicacións recibidas e as prácticas realizadas dos xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo. Como o tempo non lles acompañou, pois choveu con intensidade e ao non poder realizar o pic-nic no piñeiral de Balarés, a dirección do MELGA tivo a ben o habilitarlles as instalacións, para que o seu xantar fóra a teito cuberto, cuestión que agradeceron inmensamente.
Como feito destacable diremos que varios dos profesores/as, xa era a terceira vez que nos acompañaban na visita, comentáronnos que
“Cada ano que veño aprendo máis co escoitado e que lles parece sempre novo a estancia, tanto en novas pezas, como as referencias dadas e sobretodo que estaban “alucinados” pola atención e interese prestada dos seus alumnos/as á visita, en idades adolescentes complicadas”.
Con respecto aos alumnos/as dixéronnos:
“pasámolo güay e…como o pararían os meus pais e avós aquí?
Leave A Comment