No día de hoxe, venres día 2 de marzo, o CRA. Ponte dá Pedra, da localidade coruñesa de Carballo, pechou portas do centro docente para asistir en xornada matinal, cos seus alumnos/ as e profesores ao completo, a unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. O grupo de discentes compoñíano 120 que correspondían ao ciclo de infantil de 1º-2º e 3º de Primaria, é dicir nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos de idade. Os “pequenos” visitantes estiveron sempre acompañados polos seus 16 profesores/ as titores/ as: Jesús Ramón Prado, Beatriz Castro, Teresa Rodríguez, Ana García, Amalia Salgado, Isabel Vázquez, Nydia Sánchez, María López, Ana Pedreira, Mónica López, María José Rodríguez, Marta Neira, Ana María Gómez, José Peleteiro, Jackeline Vázquez e Ramón Santos como director do centro.
O grupo ao ser tan numeroso, foron divididos en dous subgrupos de traballo, exercitándose en mais dunha trintena de xogos e deportes tradicionais galegos, na súa maioría, e doutros lugares do mundo. Como dato a considerar o neno Teo Fraga de 6 anos de idade tivo a honra de bater a marca de castelos con pinzas da roupa, con 23 pisos sen que se derrubasen os mesmos. Outro das curiosidades foi que entre o profesorado do centro atopábase a profesora Ana García Peleteiro, ex-alumna da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física(INEF Galicia) da Coruña do director do MELGA.
O gran ambiente e a atención prestada a todas as explicacións do guía, a sesión foi francamente festiva e moi participativa, tanto por parte dos alumnos/ as e profesores. A duración da xornada superou as tres horas de goze do Patrimonio Lúdico- Cultural de Galicia e outros países.
Leave A Comment