Preto dunha vintena de “pequenos” do municipio de Laxe, en xornada de mañá, visitaron o MELGA de Ponteceso coas súas dúas profesoras-titoras Mercedes Rendal e María Raquel García. O grupo que era moi heteroxéneo, xa que estaban nunha pinza desde os tres aos seis anos. Os centros docentes laxenses, que nos visitaban por primeira vez, correspondían ao EEI. De Traba e o CEIP. de Torrexasóns.
Como nota destacable foi que, con mais de dúas horas e media de visita guiada teórico-práctica, todos os “pequerrechos”, escoitaron estoicamente as explicacións e practicaron moitos xogos adaptados ás devanditas idades, sen rechistar nin un momento, nin para realizar un descanso para o tentempié que temos planificados para as devanditas idades. Tanto o guía do museo, como ambas as profesoras, comentaban que estaban “ alucinados” co gran comportamento e interese que depositaron na devandita visita. Todos desexaban continuar coa visita pero o xantar nas escolas primaban máis que o gusto dos propios nenos e nenas. Unha xornada admirable e satisfactoria. Ao final o director do MELGA, felicitou a todos os compoñentes do pequeno grupo pola súa gran atención.
Leave A Comment