Mais dun centenar de alumnos/ as, entre os 9 e 10 anos de idade, de 4º de primaria do CEIP. Bergantiños, do municipio de Carballo (A Coruña), visitaron onte tarde as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso para realizar unha visita guiada. En todo momento os visitantes estiveron acompañados das súas profesoras- titoras Monserrat Martínez, Silvia Seoane, Mónica Felípez, Sandra Anido e como coordinadora da actividade Montse Martínez.
O grupo numeroso, dividiuse en dous subgrupos de 50 alumnos/ as cada un, dos cales mentres uns dedicábanse á visita guiada (sala I e II), o outro grupo desenvolvían 10 xogos de interior no recinto da biblioteca do centro cultural, pois co mal tempo, non se puido facer a práctica no exterior. Despois da primeira hora e media de visita, os grupos intercambiaron as zonas de práctica e teórica para finalizar a xornada sobre as 18,00 h. da tarde, despois de tres horas de esparexemento e diversión.
Finalizada a sesión teórico-práctica, a maioría dos visitantes agradeceron e transmitiron ao centro museístico , o ben que o pasaran e que regresarían cun grupo menor para gozar aínda máis de todos os xogos con máis intensidade e duración.
Leave A Comment