Un grupo dunhas trinta persoas da Asociación IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, desprazáronse a Ponteceso ( nunha semana dous grupos da US! ) o pasado sábado día 14 de abril, para realizar pola bisbarra pontecesana unha visita cultural-lúdica-turística-gastronómica, admirando todos aqueles lugares máis representativos da zona. A súa primeira parada matinal foi no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). O grupo de adultos que concorreron á cita museística, correspondían a alumnos e alumnas da Universidade Senior da capital de Galicia, coordinados por Pilar López, que exercía de organizadora e xefa de expedición, e todos eles liderados polo seu presidente Serafín González.
Debido á gran cantidade de lugares que desexaban coñecer, a sesión planificada tivo unha duración dunha hora e media aproximadamente, sendo insuficiente para moitos dos asociados, que non dubidaron en expresar que había que repetir a agradable experiencia para outra inmediata ocasión xa que lles “soubese“ a pouco o tempo empregado para a mesma, aínda que as idades dos “ xubilosos” visitantes estaban entre os 65 e 85 anos de idade.
Durante o transcurso do percorrido da visita, sumáronse á mesma, un grupo da Coruña, composto por un matrimonio, os seus tres fillos e os seus avós e avoas. E finalmente como nota moi destacada da xornada, tamén nos acompañaron Desiré Facal e a súa filla Daniela, que era a primeira vez, despois de catro anos de inaugurado o museo, que un membro do corpo administrativo ou do pleno municipal do concello de Ponteceso, visítanos oficialmente nunha actividade guiada.
Leave A Comment