Dentro da programación trimestral de actividades que organiza a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (A Coruña) para as súas persoas maiores, foi planificada unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), que onte comezou a peregrinaxe do primeiro grupo de 90 persoas que se achegaron ao museo, coordinadas por María Mosquera e os monitores Manuel, Elba e Graciela . A partir desta data todos os sábados do mes de maio e xuño, preto de 600 persoas, en grupos de 100 ó 90 persoas, apuntáronse para visitarnos, segundo comunícanos a técnico Élida Rodriguez. Parece ser que a experiencia positiva que tiveran, fai un par de anos os olierenses na súa visita coa concellería de Cultura e Deportes, este ano a demanda foi masiva excedendo o límite nas inscricións.
A xornada vespertina museística, aínda que cun tempo bastante limitado, só dispoñían dunha hora e media, foi, segundo a maioría dos visitantes que:
Fora unha visita extraordinaria, a mellor de todas as realizadas ata o momento, impresionante! todos quedamos impresionados do MELGA, tanto polo seu contido como pola súa exposición, riqueza e explicacións tan amena como instructiva
Ademais comentaron, que se llo permitían volverían de novo con outro grupo para repetir a experiencia en maior intensidade. Sen dúbida, Oleiros é un referente cultural no noso provincia que apoia as actividades dos seus maiores e as súas xentes. Para nós, é sen dubidalo, un gran acicate para proseguir no camiño para que se coñeza, este gran valor que conta o concello de Ponteceso.
Leave A Comment