Segunda tanda de persoas maiores do Departamento de Servicios Sociais do Concello de Oleiros (A Coruña) que nos visitan

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros (A Coruña) programou, como o sábado anterior, a súa segunda excursión á zona de Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), con case un centenar de persoas maiores. Os visitantes procedían das zonas de Santa Cruz, Oleiros, Montrove, Perillo, Dorneda e Mera.

 

Despois de realizar pola mañá unha visita á localidade próxima de Buño, para coñecer todo o concernente ao tema do “barro”, xa que os excursionistas o que pretenden este ano, é percorrer e coñecer a maioría das poboacións de Galicia que se dediquen a este nobre oficio da olería, pola tarde, despois do xantar correspondente, achegáronse ao MELGA para asistir a unha visita guiada da man do seu director. A sesión tivo unha duración case dúas horas, aínda que co devandito tempo dispoñible, só púidose percorrer con detemento a primeira sala, a denominada dos xogos e deportes tradicionais.

 

Por gran parte do grupo comentaban que case fora mellor que non lles dera tempo, pois así tiñan a desculpa para propoñer volver de novo para coñecer a segunda sala denominada a evolución histórica dos xogos e deportes a través dos tempos, que non puideran ver nesta ocasión por falta de tempo. Tanto monitores como excursionistas non deixaron de participar en varios enredos e xogos tradicionais, chegando nalgún momento a un “pique” amigable e moi divertido.

Como a xornada anterior, os visitantes quedaron moi satisfeitos da sesión, desexando repetila de novo e augurándonos, estaban seguros, moitos, moitos éxitos no futuro a este museo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.