Xornada museística do CEIP Plurilingüe Ponte do Porto de Camariñas e prácticas docentes de alumnos/as do curso de Directores de Tempo Libre

Durante toda a mañá de hoxe venres día 25 de maio, o MELGA recibiu a case un centenar de nenos e nenas do CEIP. Plurilingüe de Ponche do Porto de Camariñas, en idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos de ensino infantil. Todos viñeron acompañados dos seus profesores/ as titores/ as Marcos, Teresa, Julia, Carme, así como a especialista en educación física Sonia, a coidadora Melania e exercía como coordinadora do grupo María Jesús Mouzo. Nunha franxa de 10,30 a 13,30 h., tres horas, levou a cabo a sesión teórico-práctica con todo o alumnado. Aínda sendo un grupo bastante numeroso, a sesión realizouse en forma continuada, aproveitando ao máximo todo o referente á práctica dos xogos e deportes tradicionais alí exhibidos nas salas do museo.

 

Ao grupo escolar uniuse 5 alumnos/ as de prácticas docentes do curso de directores de tempo libre da Fundación Eduardo Pondal, que axudaron ao director do museo na realización das diferentes prácticas docentes. Con anterioridade Ricardo Pérez e Verdes departiu con Carlota Santos, Rubén Herrera, Pedro Pérez, Paula Fondo e Diego Méndez unha charla sobre metodoloxía, programación e aplicación de actividades nun museo, así como distribución de traballos específicos sobre un grupo escolar en idade infantil. Os monitores procedían de Carnota, Zas, Baio, Niñóns e Cabana de Bergantiños. A práctica pódese cualificar como de excelente e podemos comentar que algúns serán posibles candidatos a participar como axudantes-técnicos, nalgún Festival de Xogos e Deportes Tradicionais proximamente que o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) xa ten programado en meses sucesivos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.