A profesora Irene Morales Pagaza da Universidade Nacional de México D. F. licenciada en Deseño Artístico das Tradicións Populares e Tradicionais mexicanas, despois de varios intentos para achegarse a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), onte tivemos a fortuna de compartir un día ao completo coa devandita docente.
Os motivos que a trouxeron ao MELGA, desde tan afastadas latitudes americanas, foron tres: primeiramente investigar o xoguete artesanal e popular galego para facer un estudo comparativo (Galicia-México) sobre materiais, formas, ilustracións,…, en segundo lugar realizar unha entrevista ao director do museo sobre todo o referente ao xoguete, xogo e deporte tradicional galego (historia, normas, regulamentos, métodos de investigación, holística,…) e finalmente observar as formulacións museísticas do noso centro, tanto na súa organización, distribución, actividades, exposicións, etc.
Todos estes argumentos veñen dados porque a profesora está a realizar unha investigación sobre o mundo do XOGUETE, e o seu desexo era compartir as súas inquietudes e orientacións con persoas galegas especialistas no tema lúdico, para transcribilas na súa futura Tese Doutoral. O seu traballo científico leva por título: “Capacidade lúdica do infante e o adulto na interacción co xoguete popular mexicano”. A circunstancia da súa vinda a Ponteceso foi través dun ex – alumno da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-GALICIA), orixinario de Buño-Malpica de Bergantiños, chamado Apolinar Graña, que a puxo en contacto connosco. Ademais deste traballo de investigación, Irene Morales é, desde hai 17 anos, a comisaria dunha exposición titulada “Trotamundos. Exposición itinerante de Xoguetes Mexicanos.Da súa historia, colección e representacións. Novas perspectivas” que viaxa todo o ano polas terras indíxenas de México, recuperando ademais xogos e xoguetes artesanais indíxenas.
Despois de moitas horas de “ platicar” entre ambos, intercambiando pareceres e estudos, a investigadora asinou no Libro de Ouro do museo, dedicándonos unhas palabras:
“Lévome a satisfacción de poder gozar dunhas magníficas horas de xogos tradicionais, observar os xoguetes artesanais expostos e o aliciente de continuar a investigación do xoguete popular mexicano,(comparándoos cos autóctonos galegos) ademais de compartir os ensinos transmitidos por Ricardo, pola súa experiencia, polos fundamentos dados, a proximidade, a súa amizade, o seu inmenso entusiasmo, igualdade e identidades lúdicas ao redor do xogo, entre ambos os países irmáns. Grazas por compartir esta alegría de vida que está plasmado neste museo”.
Finalizada a xornada intensa, a investigadora coñeceu os arredores da vila pondaliana así como degustou das exquisiteces da gastronomía galega da nosa zona. Coa ilusión de volver atoparnos de novo, nun próximo intercambio internacional museístico, deixou o noso municipio para desprazarse por outros museos españois.
3 Comments
Es tan importante el juego en la vida de las personas. Felicito a la experta Irene Morales por la investigación que realiza y al Museo gallego por acoger investigadores y compartir las actividades tan creativas que realizan que son reflejo del inmenso capital humano que tienen en el equipo de trabajo.
Muchas felicidades a la investigadora mexicana y a las autoridades del museo y amigos gallegos, por este encuentro, enriquecedor para todos
Gracias Ricardo por toda la riqueza que me compartiste ese día y que se suma a la investigación de mi tesis de Maestría, gracias también por el rato que jugamos, vivimos juntos algunas de las tantas cosas que provoca el juego y el juguete popular, como es crear lazos sanos entre los participantes, fortaleciendo así la comunicación entre ellos, desarrolla habilidades de creatividad y de destreza en el ser humano.
Por otro lado quiero agradecer por este medio a la Antropóloga Lilia Cruz que es la dueña de la exposición itinerante Trotamundos del Juguete Popular Mexicano por todos estos años que me ha permitido participar con ella en la parte de difusión y por sencibilizarme en el tema, por crecer el cariño de mi cultura y de mi gente.