Inaugurada a semana do V Aniversario pola mañá ás 10,00 h. e rematada a sesión teórico-práctica da mañá, realizada pola profesora doutora Mavi Lezcano, expoñendo maxistralmente os principais recursos patrimoniais dos 17 concellos que conforman o xeodestino da Costa da Morte e os bens e riquezas da zona, levou a cabo, na mesma sala de conferencias ás 14,00 h., a inauguración dunha exposición titulada “Un lustro das actividades no cartografía do MELGA (2013-2018”), que estará presente na devandita sala, durante toda a semana de conmemoración.
A Exposición foi inaugurada por Ricardo Pérez e Verdes, presidente-director da Fundación e do MELGA, a todos os alumnos/ as que tiveron a gran sorte de ser os primeiros visitantes na mesma, polas circunstancias sabidas. O conxunto de carteis expostos foron un total de 48, as mesmas actividades monográficas que tiveron lugar nos terreos de xogo do Centro Cultural de Ponteceso e noutros lugares da comunidade galega. A sala estará aberta ao público en xeral, en horario de luns a venres de 9,00 h a 14,00 h. e de 16,00 h. a 20,00 h. desde o 24 de setembro ao 5 de outubro. Quedades convidados.
Leave A Comment