Para rematar a primeira xornada da semana do V Aniversario do MELGA e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, a sesión vespertina de 17,30 h. ás 20,30 h., desprazouse á vila mariñeira de Corme, a escasos quilómetros do concello de Ponteceso, presentaron por primeira vez un festival de xogos e deportes tradicionais galegos, na praza da Ribeira, onde unha gran maioría de nenos e nenas cormelanas, pasárono “ en grande”, participando nuns 20 xogos deseñados para nenos, novos, adultos e persoas maiores. Aínda co vento tempestuoso reinante baixo a carpa da praza, todos os que alí se reuniron lembraron, os maiores os seus tempos infantes, os pequenos iniciáronse nos mesmos e os mozos sacaron a súa competitividade á boia. Os birlos, o tirafungueiro, o pau, a ra, os zancos, a estrela, os aros,…fixeron a delicia dun gran público entregado ao xogo e deporte tradicional.
Como curiosidade hai que destacar, que as persoas máis participativas foron as da rama feminina (nais) que non se perderon nin un momento para gozar, cos seus fillos e fillas, ensinándolles as súas habilidades, aínda presentes, despois de moitos anos sen facelo. Segundo comentaban os alí presentes, a participación, que foi moi grande, abrigo de nenos, que “ Se onte non fose a festa de Fin de Ano 2018, programada a noite anterior, seguramente estaría a praza abarrotada “. Outro ano será, xa que a experiencia foi magnífica. Mais alá das 10,00 h. quedou clausurada a sesión lúdica-cultural-inmaterial, despois de 12 horas de traballo intenso.
Leave A Comment