Con máis de quince actividades desenvolvidas na semana do V Aniversario do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, todo hai que dicilo, cun gran éxito en varias das actividades programadas, conxuntamente co concello de Ponteceso e as súas respectivas concellerías de Servizos Sociais, de Patrimonio, Educación, Biblioteca, Política lingüística e Cultura e Turismo, o museo toma de novo as rendas para enfilar a recta final do ano, propoñendo de novo o Horario de Inverno, para o coñecemento de todas aquelas persoas que desexen visitarnos tanto a nivel particular como para visitas guiadas.
O horario e días de apertura do MELGA para este próximo Inverno será o seguinte:
- de luns a venres de 10,00 a 14,00 h. e de 16,30 a 20,00 h. para visitas xerais e visitas guiadas para grupos.
- Sábados e domingos : Pechados. Para visitas guiadas de fins de semana, o número mínimo de componentes do grupo será de 20 persoas e solicitar, obrigatoriamente cita previa, con 15 días de antelación.
Este mércores pasado día 3, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, recibiu de dona Bibiana Ortíz Deive, veciña da localidade coruñesa de Ponte do Porto (Camariñas), un cochecito de bonecas de arrastre de madeira e ferro, catalogado ao redor do ano 1918 e que doou á fundación, para a súa próxima exposición, pertencente á súa bisavoa. Como se poderá comprobar na imaxe, é verdadeiramente unha peza de museo dunha clase social moi determinada de principios de século XX. A localización e xestións para a cesión da devandita peza correspondeu a Miguel Márquez e Carmen Bermúdez, veciños de Ponteceso, que por todos os medios insistiron denodadamente, para que devandito xoguete quedase exposto no MELGA. Hai que comentar, que algúns doantes aínda remisos ás cesións ou doazóns, pero os que o realizan, comentan: “Sen dúbida, é mellor telo nun museo para que o vexa todo o mundo, que telo no domicilio, deteriorándose e apartado nun recuncho da casa, sen que ninguén o vexa”. Canta razón teñen aqueles que pensan desta maneira!
Mañá sábado 6, día do Santísimo Sacramento da aldea do Couto-Ponteceso, o MELGA estará presente na devandita festa patronal, desde as 16,30 h. ata 19,30 h., desenvolvendo para todos os veciños e achegados, no campo exterior da Fundación Pondal, un gran Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, patrocinado polo concello de Ponteceso, a súa área de Patrimonio, Biblioteca, Política Lingüística e Educación rexida por Carlos Presedo e coa colaboración da Asociación Monte Branco. A sesión será gratuíta e poderán participar no mesma, todos aquelas persoas que estean en idades comprendidas entre os 1 e 100 anos.
Leave A Comment