Despois dun mes de xaneiro inhábil de visitas guiadas, pois o devandito mes o MELGA correspóndelle planificar as actividades do novo curso, restaurar pezas, ordenar novos obxectos adquiridos, é dicir, revisión xeral das salas do museo, hoxe luns 11 de febreiro iniciamos con mais de cen (110) alumnos/ as e profesoras/é do C.P.I. de Zas, que por primeira vez visitaban as nosas instalacións.
Os visitantes correspondían a nenos e nenas entre os 3 anos e os 11, todos eles viñan acompañados polos seus titores/ as e coidadores/ as, que sumaban a cantidade de 13 profesores/ as. Os de ensino infantil (3 a 5 anos) viñan con Mariña, Paula, Eva e María e os de ensino primario (6 a 11 anos) acompañábanos José Antonio, Tamara, Cristina, Pilar, María José, Lara, José e José Manuel Santos que exercía de coordinador e organizador da xornada como profesor de Educación Física. Por certo, ex – alumno do director do museo na Facultade de Ciencias do Deporte(INEF-Galicia). Como dato sorprendente que José Manuel era a terceira vez que nos visitaba, pero non con este centro escolar, senón con tres colexios diferentes.
Ao contar cun número moi numeroso, o grupo desdobrouse en dous subgrupos de 50 persoas, é dicir, por unha banda os alumnos/ as de infantil e por outro o de primaria. Mentres uns visionaban os vídeo-cómic e practicaban xogos galegos na biblioteca do Centro Cultural, o outro grupo realizaba o percorrido teórico-práctico polas salas do museo acompañados do guía do museo. A continuación todos rotaban para ter a oportunidade de coñecer todas as facetas presentadas na visita.
A xornada matinal transcorreu nun gran ambiente e participación por parte de todos os asistentes, aínda que debido a problemas de desprazamento, a sesión foi moi curta, pois non superamos as dúas horas na súa totalidade. Algúns alumnos desexaban quedar máis tempo, aínda perdendo a hora de xantar no centro escolar, pero que o daban por ben feito. Estaban seguros tanto profesores/ as e alumnos/ as que repetirían a experiencia de novo prontamente. Un bo inicio de visitas guiadas, cun grupo excelente.
Leave A Comment