Na mañá de onte mércores día 13 de febreiro, corenta nenos e nenas de 6 anos (Iº de Primaria) do colexio privado O Castro British School A Coruña, acompañados polos seus profesores/ as James Stone, Kerryn Koh e Beatriz Veiga que exercía de coordinadora do grupo, visitáronnos por terceira vez neste curso para realizar de novo outra visita guiada ao MELGA de Ponteceso.
Despois de dúas horas de percorrido polas salas do museo, escoitando as explicacións do guía e participando practicamente con moitos e variados xogos adaptados ás súas idades, a mañá #pasar inmensamente moi rápido, segundo os comentarios dos propios nenos e nenas que nos acompañaron.
Os profesores foráneos Kerryn e James eran a primeira vez que se achegaban a Ponteceso para visitar o MELGA, por iso, non deixaron en ningún momento de captar cos seus cámaras de vídeo e fotográficas, todo o que alí acontecía, interesándose profundamente sobre todos os xogos galegos planificados e por suposto, participando activamente nalgúns deles. Finalmente comunicaron ao guía do museo, que estaban sorprendidos do extenso e variado Patrimonio cultural e lúdico da nosa patria galega.
Para rematar a xornada, despois da visita guiada, todos os asistentes á mesma, xantaron no lugar que o museo tivo a ben habilitarlles e desde o Centro Cultural regresaron, sobre as 14,00 h., en autobús cara á Coruña. Grupo sen dúbida excepcional.
Leave A Comment