Toda a mañá de onte venres 15 de marzo, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) foi abordado por varias cámara de gravación, coas súas técnicas correspondentes do grupo “ Xandobela. Educación e Cultura”, da capital de Galicia (Santiago de Compostela), para realizar unha entrevista ao presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e tamén como director do MELGA, sobre a temática en xeral do xogo tradicional galego, a confección de xoguetes populares, a educación lúdica, etc. e como non sobre o Museo pontecesán.
Xandobela é unha iniciativa de Educación Non-Formal e Dinamización Sociocultural nada no 2005 en Compostela, con vocación universal radicalizada na realidade galega, traballando en vellos campos da cultura e a relación entre persoas, favorecendo a actitude integradora, creativa e lúdica. Un colectivo con ampla formación en Pedagoxía, Educación Social, Animación Sociocultural e Dirección de Actividades de Lecer e Tempo Libre.
A pretensión do devandito documental, dirixido por Chus Caramés, non é outra que solicitar a maior das informacións con persoas, que nestes momentos estean a traballar, divulgando e recuperando todo aquel Patrimonio Cultural, Lúdico e Inmaterial de Galicia, que a través das súas impresións e coñecementos, teñamos unha visión exacta do tema para lograr con iso mellorar todo o referente ao marabilloso mundo do xogo do noso país galego.
Despois de agrupar unha vintena de entrevistas, con aqueles especialistas no tema, a pretensión de Xandobela é obter un vídeo-documental, para que sexa visionado e exposto en todas as escolas, centros sociais, concellos, asociacións, etc. pois coa súa difusión e coñecemento, sirva de acicate de promoción para todos as nenas e nenas de Galicia, que non esquezan a súa procedencia e sabedoría popular e tradicional de “os seus” xogos que forman a nosa vida cotiá onte, agora e sempre.
Leave A Comment