Como estes últimos anos ,o grupo de sendeirismo/ andainas “Camiño dos Faros”, cando na súa etapa toca o concello de Ponteceso, sempre realiza unha meta volante para aquelas persoas que noutras ocasións non puideron gozar dunha parada oficial de avituallamiento cultural. Nesta ocasión o grupo non foi moi numeroso, pois alcanzou o mesmo, uns 25 senderistas que aproveitaron o descanso do día, para visitarnos no Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
A xornada vespertina tivo unha duración aproximada de dúas horas (16,00 á 18,00 h) e nos anos de creación do MELGA, a visita guiada foi realizada por primeira vez, a profesora Manuela Vázquez Coto, licenciada en Ciencias do Deporte e a Educación Física, nestes momentos alumna do doutoramento da Universidade da Coruña e ex-alumna do director do museo, que exerceu as funcións do mesmo, xa que Ricardo Pérez e Verdes presidente da Fundación e Director do MELGA, por compromisos profesionais, atopábase na cidade de Zamora, levando como sempre ao grande como imaxe o noso municipio pontecesano así como o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).
Ao contar con poucos compoñentes o grupo, a sesión púidose gozar con moito máis detemento, tanto as explicacións efectuadas pola guía, así como o poder pasar todos e cada eles deles, polos diferentes xogos e deportes tradicionais programados para a devandita xornada práxica. Unha actividade complementaria de recreación activa e cultura patrimonial, na cal o grupo estivo moi atento e interesado en todo o proposto e que por suposto volverán realizala o ano entrante.
Leave A Comment