Aínda que as visitas xerais ou privadas ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) deste ano 2019 non foron como o esperabamos, pois os tres últimos anos foron excelentes, non podemos dicir que este ano fose grandioso, senón todo o contrario, houbo visitantes pero non na proporción antes dita. Podemos comentar que aproximadamente notamos unha baixada de case un 60 %. Pensamos que o motivo tivo seguramente moitas causas abrigo o bo tempo que gozamos en Galicia, as festas gastronómicas, a praia, a gran oferta de actividades propostas polos concellos, a economía en xeral, saídas vacacionais, etc…
A procedencia dos visitantes particulares foron nesta ocasión exclusivamente da provincia da Coruña (Carballo, Ferrol, Cee, Santiago de Compostela, Corcubión, A Coruña, Pontedeume, Cambre, Abegondo, Bergondo, Culleredo, Brión, A Laracha, Arteixo e Vimianzo) e foráneos soamente visitáronnos veciños da comunidade de Madrid e da Rioxa (Logroño).
O balante total de visitantes que alcanzamos achegámonos ás 150 persoas, moi inferior ás do ano pasado que superamos as 350 visitas.
Como curiosidade da semana, nunha das visitas, Marta López e familia, fixeron entrega ao presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, unha doazón de obxectos persoais de principios de século XX (1910-12) da súa propia nai dona Florentina Francisco Diego e dos seus antepasados, consistente nun cabás, 2 bonecas de porcelana, cesto de costura, e unha balanza coas súas pesas de xoguetes. O estado de conservación das pezas é impecable e os vestidos dos bonecos “ Llorón” e o “Peón” foran confeccionados persoalmente por dona Florentina. Outra gran achega ao noso patrimonio lúdico galaico.
Leave A Comment