Vinte e cinco nenos e nenas do CRA. Vos Remuiños de Cabana de Bergantiños (A Coruña), onte pola mañá, despois de máis de dúas horas de percorrido polas instalacións do Centro Cultural, onde está situado o MELGA de Ponteceso, achegáronse cos seus profesores e profesoras Gonzalo Goas, Cristina Caridade, Sabela Gómez, Sonia Garrido, Ana Arias, e Cristina Parapar directora do centro docente e organizadora, para realizar unha visita guiada ao museo. As idades do grupo de visitantes estaban comprendidos entre os 3 e os 7 anos de idade. Nesta ocasión era a súa segunda vez que nos lles recibiamos, despois de 3 anos de ausencia ao mesmo.
A xornada lúdica foi moi positiva e curta xa que só púidose visitar a primeira sala do museo, a que corresponde á de “os xogos e deportes tradicionais”, debido ao entusiasmo e participación activa tanto de profesores e alumnos, preferiron sen présas, concursar soamente, pola súa paixón demostrada en todos os xogos galegos presentados na primeira sala. Nesta ocasión a campioa da xornada foi a nena Xiana Alborja de 7 anos, que deu contestación ás 4 respostas positivas propostas, para levar a colección de peonzas e perinolas que lle entregou o guía museístico ao final do percorrido. Como sempre que vén un grupo moi heteroxéneo, a sesión levou, aínda que coas dificultades pertinentes, admirablemente, en total convivencia, colaboración e entusiasmo.
Leave A Comment