Visitan o Melga os directores dos centros de formación do profesorado de Galicia no Día Internacional do Xogo

Despois dunha intensa xornada matinal da reunión anual de traballo no municipio de Vimianzo, todos os directores dos Centros de Formación e Recursos Humanos da concellería de Educación de Galicia, desprazáronse pola tarde a Ponteceso, acompañados polo seu anfitrión José María Varela xerente da Fundación Eduardo Pondal, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Os asistentes á mesma foron:  Anxo Rodríguez ( CAFI), Emilio Veiga (A Coruña), Manuel Losada (Ferrol), María Teresa González (Lugo) José Domínguez (Ourense), Consolo Rivera (Vigo) e o noso amigo José María Varela. Por motivos de enfermidade non puido desprazarse á devandita reunión nin á visita ao museo Jesús Manuel Álvarez (Pontevedra).

Unha extraordinaria tarde vespertina de saberes e coñecementos sobre o mundo educativo, cultura en xeral e historia lúdica en particular. Como feito correlacionado con todo iso, aproveitamos a data do día (28/05) para celebrar o “Día Internacional do Xogo”.

 

Visitan o Melga os directores dos centros de formación do profesorado de Galicia no Día Internacional do Xogo

 

Tras máis de dúas horas de percorrido polas salas do MELGA, coas explicacións do guía e director do museo Ricardo Pérez e Verdes, non faltaron a práctica dos diferentes xogos galegos, nin tampouco os recordos de infancia que todos tanto gozaran en cada unha das súas localidades galegas, nin os nomes e normas que se lle daban nos seus respectivos pobos. Un enriquecemento intercambiable de coñecementos mutuos.

O que mais sorprendeulles aos nosos ilustres visitantes, foi a organización taxonómica das dúas salas de exposición, a súa claridade e interpretación e o máis importante a orixinalidade da práctica de xogos nas propias salas do museo. Outra das sorpresas foi, que descoñecían a existencia desta instalación museística e que quedaran gratamente impresionados e que sentían que aínda houbese persoas, como lles pasaba a eles, que non coñecesen este “marco” de cultura e patrimonio lúdico inmaterial de Galicia e do mundo.

Rematada a visita, a todos os compoñentes do grupo fíxoselles entrega duns agasallos por parte do concello de Ponteceso, da Fundación Eduardo Pondal e do Museo Etnolúdico de Galicia, como recordo deste día pasado nestas terras pondalianas. Finalmente os directores dos centros de formación asinaron cada un deles no “Libro de Ouro” da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e do MELGA. Algunhas das palabras plasmadas foron: “Un fermoso e inesperado momento. Unha tarde inesquecible e maravillosa de recordos. Paixón e Ilusión”

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.