Xornada masiva e triunfal dos xogos mediavais nas Noites do Medievo de Riobó (Cabana de Bergantiños) organizada polo Melga de Ponteceso

Outro ano máis na pradería da aldea de Riobó do concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, organizaron nunha sesión vespertina, desde as 16,00 h. ata as 21,00 h, de xogos tradicionais medievais, dentro da xornada magníficas das “Noites do Medioevo”, dunha sesión lúdica-cultural, neste caso a cita foi superior á do ano pasado, onde non faltaron os xogos tradicionais de nenos, de adultos, de forza, de habilidade, precisión, xogos de taboleiro, etc., que masivamente se aproximaron ao campo de “batalla” de herba habilitado para tal motivo.

 

 

Os xogos deseñados polo museo nesta ocasión, esta é a XIII edición, causaron expectación e asombro, tanto pola orixinalidade, atractivos e en moitos casos pola súa dificultade de execución. Participaron no encontro internacional xogadores de Alemaña, Suíza, Francia, Inglaterra, Galicia e varias comunidades españolas. As idades dos mesmos atopábanse entre os 2 anos ata os 80 anos, e todos por suposto, colaboraron a que o éxito total estivese asegurado. Nos xogos atopábanse persoas maiores, nenos/ as e mozos demostrando as habilidades en cada un deles, xurdindo píquelos “” correspondentes, pero sempre con “xogo limpo” cun carácter recreativo, competitivo e moi colaborativo.

Desde os estamentos públicos, organización, e por persoas particulares, o MELGA recibiu moitas felicitacións da sesión planificada (que reiteramos foi masiva, aínda habendo outras actividades paralelas da festa), moi participativa e dunha maneira moi divertida. Podemos dicir que moitos dos alí presentes pasaron moitas das probas presentes obtendo con iso a categoría de “Cabaleiros da Táboa Redonda”, pois moitos dos xogos presentados, eran os preparados naquela época para obter o título de Cabaleiro ou soldado do Rey.

Grazas Riobó, ao concello de Cabana de Bergantiños e a organización, por contar con nos, pola acollida, polo gran día pasado,… e informáronnos que nos emprazaban para ir traballando desde xa, na nova edición do próximo ano, polo triunfal e aceptación da actividade medievalista organizada.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.